 |
 |
 |
 |
 |
Festival de Música de Vigo ARE-MORE
Homenaxes
|
Martes, 24 de Novembro de 2009 [18:00]
|
|
Reiko Hozu: Klavierstücke
|
| Lugar: | Marco, Museo de Arte Contemporánea
Rúa do Príncipe 54 | | Horario: | 18:00 horas | | Prezo: | Entrada libre ata completar aforamento | | Datas: | 24/11/2009 |
Duración: 60 minutos
Klavierstück X
Klavierstück XI
Klavierstück XII
PIANO: Reiko Hozu
|
|
|
|
|
|
Martes, 24 de Novembro de 2009 [22:30]
|
|
Variacións de Goldberg de J.S. Bach por Kenneth Weiss (clave)
|
| Lugar: | Marco, Museo de Arte Contemporánea
Rúa do Príncipe 54 | | Horario: | 22:30 horas | | Prezo: | Entrada libre ata completar aforamento | | Datas: | 24/11/2009 |
Duración: 80 minutos
Considerado como o mellor clavecinista do mundo Kenneth Weiss naceu en New Yorke onde se
graduou no Instituto das Artes Escénicas. Licenciouse en música no Oberlin Conservatory of
Music en Estados Unidos e continuou os seus estudos xunto a Gustav Leonhardt no Sweelinck
Conservatorium de Amsterdam. En 1995 a grabación de Kenneth Weiss das Variacións Goldberg
para Empreinte Digitale (Harmonia Mundi) foi aclamada pola revista Répertoire. Actualmente é
profesor no Conservatorio de París.
|
|
|
|
|
|
Mércoles, 25 de Novembro de 2009 [20:30]
|
Retrato dun compositor: Fernando Buide del Real
Ensemble S21. Presentado polo crítico de El Pais, Julián Carrillo
|
| Lugar: | Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo | | Horario: | 2030 horas | | Prezo: | Entrada libre até completar aforamento | | Datas: | 25/11/2009 |
O Festival Are More dedícalle ao novo compositor galego Fernando Buide del Real un lugar de honor pola súa brilante traxectoria como creador. Fernando Buide del Real completou na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh, onde estudou piano, composición e órgano.
A música de Fernando Buide abrangue desde o xénero camerístico ou sinfónico, incluíndo música coral e para banda.
As súas obras foron programadas por formacións como a Sinfónica de Piitsburgh, Sinfónica de Minnesota, Filarmónica de Yale, Filarmónica Carnegia Mellon, New Music New Haven, Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia. A súa obra tamén inclúe traballos interdisciplinares como o realizado co artista gráfico Ingo Offermans.
Fernando Buide foi profesor de armonía e análise no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Universidade de Yale. Na actualidade prepara a tradución do libro da compositora e teórica Pozzi Escot "A poética das matemáticas simples en música". Como compositor, entre os seus próximos proxectos destacan encargos de Festclásica, co gallo do centenario Isaac Albéniz, así como da Real Filharmonía de Galicia.
|
|
|
|
|
 |
 |