vigohoxe

Are-More

Programa Completo (PDF)
Are More na rúa
Formación de públicos
Grandes Concertos
Homenaxes
Músicas para o Silenzo
Taquilla



Festival de Música de Vigo ARE-MORE
  Grandes Concertos

     21/11/2009 Concerto de Inauguración Are More: Jennifer Larmore e Opus Five
     22/11/2009 Orquestra Carlos III y Camerata Lírica: Carmina Burana. De Carl Orff
     23/11/2009 Le Nuove Musiche: Il Vero Orfeo
     24/11/2009 Jonh Potter e Ariel Abramovich: Dowland e Campion; Music that her echo is.
     26/11/2009 Isasi Quartett, Matthias Weber e Benedikt Koehlen: Franz Schubert: Cuarteto A morte e a doncela e Quinteto A Troita
     27/11/2009 Os Músicos do Tejo: La Spinalba (ovvero il Vecchio Matto), de Francisco Antonio de Almeida. (Opera representada)
     28/11/2009 Concerto de clausura: Todo sobre Vivaldi: Sara Mingardo e Orquestra Barroca de Venecia
     14/07/2010 Festas do verán. Concerto de Norah Jones en Castrelos
     22/07/2010 Concerto de Joan Manoel Serrat


Sábado, 21 de Novembro de 2009 [20:45]
Concerto de Inauguración Are More: Jennifer Larmore e Opus Five
Lugar: Igrexa María Auxiliadora.
Horario: 20:45 horas
DURACIÓN: 65 minutos
Datas: 21/11/2009

Entrada libre mediante invitación. Se poderán recoller na Central de Espectáculos en horario de tarde, un máximo de 4 entradas presentando o DNI.


A mezzosoprano americana acompañada do quinteto de corda Opus Five interpretará obras de
Handel (Hércules i Ariodante), Bizet (Carmen), Rossini (La Cenerentola), Bach (Pasión según San
Mateo), famosos duetos de ópera co prestixioso violinista Sebastián Hamann (Lakmé, Hansel &
Gretel y Los cuentos de Hoffmann), además de canciones de Strauss.

Domingo, 22 de Novembro de 2009 [20:30]
Orquestra Carlos III y Camerata Lírica: Carmina Burana. De Carl Orff
Lugar: Teatro-Cine Salesianos
Horario: 20:30 horas
Duración 75 minutos
Prezo: Prezo xeral 10 euros. Prezo reducido 7 euros (carné xove, pensionistas, desempregados, alumnado do Conservatorio de música e Universidade de Vigo. Deberán acrditalo na entrada xunto o DNI
Datas: 22/11/2009




Unha impresionante versión dunha das máis grandes obras da historia. Carmina Burana é ofrecida
nunha espectacular versión da Orquestra Carlos III y Camerata Lírica. Dirixe o coro o mestre do
Teatro Real Joan Cabero.

Luns, 23 de Novembro de 2009 [20:45]
Le Nuove Musiche: Il Vero Orfeo
Lugar: Igrexa Maria Auxiliadora
Horario: 20:45 horas
Prezo: Entrada libre ata completar aforamento
Datas: 23/11/2009

Duración 70 minutos

Il Vero Orfeo é un programa dedicado a Händel, Corelli e Schenk, cheo de beleza, interpretado por
un dos grupos máis aclamados do mundo nas históricas versións de música antiga.

Martes, 24 de Novembro de 2009 [20:45]
Jonh Potter e Ariel Abramovich: Dowland e Campion; Music that her echo is.
Lugar: Igrexa de Maria Auxiliadora
Horario: 20:45 horas
Datas: 24/11/2009

Duración: 60 minutos

Thomas Campion (1567-1620) e Jonh Dowland (1563-1626) viviron e morreron con poucos anos
de diferencia e a súa produción abarca a totalidade do breve fenómeno da "lute song" (canción con acompañamento de laúd) inglesa, desde os primeiros cancionairos impresos (o First Book de Dowland, de 1597), até a transformación do xénero na canción con baixo contínuo, a principios do século XVII (sendo o de Jonh Attey o último cnacioneiro para laúd, en 1622).
Foron os dos compositores de "Lute Songs" máis prolíficos e ambos se valeron dos seus propios textos para crealas (Campion de forma casi exclusiva, sendo a aportación de Dowland algo máis difícil de confirmar).
A poesía de Campion é comparable á das grandes figuras literarias da época, como Ben Jonson ou Philip Sidney, aínda que a súa reputación como poeta viuse parcialmente eclipsada pola súa fama como compositor. Os dous músicos se coñeceron (Campion escribiu un epigrama dedicatorio en latín para o Prefacio do primeiro libro de Dowland), e as cancións deste programa se organizan en torno a diversos temas literarios que ambos compositores trataron, aínda que de xeito moi distinto: o amor, a música, o paso do tempo e a expresión da oscuridade e a dor.

Xoves, 26 de Novembro de 2009 [20:30]
Isasi Quartett, Matthias Weber e Benedikt Koehlen: Franz Schubert: Cuarteto A morte e a doncela e Quinteto A Troita
Lugar: Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: 20:30 horas
DURACIÓN: 75 minutos
Prezo: Entrada libre até completar aforamento
Datas: 26/11/2009

Dúas grandes obras da historia da música de cámara interpretadas por un dos cuartetos máis importantes e galardonados do mundo. Isasi Quartett foi creado no ano 2003 en Munich por músicos alemanes de reputación internacional, provenintes de formacións prestixiosas como o Cherubini Quartett, Arcana Quartett ou Alt-Wien Quartett. Tiñan o obxectivo común de dotar dunha profunda dimensión espiritual a cada unha das súas interpretacións.

Venres, 27 de Novembro de 2009 [20:30]
Os Músicos do Tejo: La Spinalba (ovvero il Vecchio Matto), de Francisco Antonio de Almeida. (Opera representada)
Lugar: Teatro-Cine Salesianos
Horario: 20:30
Duración: 140 minutos
Prezo: PREZO ENTRADA: Prezo xeral: 10 € / Prezo reducido: 7 € (carné xove, pensionistas,
desempregados, alumnado dos conservatorios de música e universitarios da Universidade de Vigo.
Deberán acreditalo na entrada ao recinto xunto coa entrada e o DNI)
Datas: 27/11/2009

REPARTO:
Spinalba: Ana Quintans, Arsenio: Luís Rodrigues, Dianora: Paz Martínez Gil
Togno: Joao Fernandes,Vespina: Joana Seara,Leandro: Mario Joao Alves, Elisa: Inês Madeira, Ippolito: Fernando Guimaraes
Músicos do Tejo dirigidos por Luís Otávio Santos
Dirección musical de Marcos Maglhaes
Escena de Luca Aprea


Francisco Antonio de Almeida foi un dos primeiros compositores portugueses que escribiu óperas
ao estilo italiano. Considerado como un dos autores máis destacados do século XVIII, presentou en
Lisboa no ano 1733 a súa ópera La Pazienza di Socrate. En 1734, La Spinalba, ovvero Il Vecchio
Matto.

Sábado, 28 de Novembro de 2009 [20:45]
Concerto de clausura: Todo sobre Vivaldi: Sara Mingardo e Orquestra Barroca de Venecia
Lugar: Igrexa de Maria Auxiliadora
Horario: 20:45 horas
Prezo: Entrada libre mediante invitación. Se poderán recoller na Central de Espectáculos en horario de
tarde, un máximo de 4 entradas presentando o DNI.
Datas: 28/11/2009

A gran cantante Sara Mingardo, considerada como unha das mellores voces do mundo
acompañada pola aclamada Orquestra Barroca de Venecia, interpretarán nun spectacular concerto o Stabat Mater e Nisi Dominus de Antonio Vivaldi

Mércoles, 14 de Xullo de 2010 [22:30]
Festas do verán. Concerto de Norah Jones en Castrelos
Lugar: Castrelos
Horario: 22:30 horas
Datas: 14/07/2010

A prestixiosa artista estadounidense Norah Jones será a encargada de abrir o programa de Festas do Concello de Vigo, na súa primeira actuación en Galicia. Desde a publicación do seu álbum de debut "Come Away With Me" en 2002, Norah Jones converteuse nunha das artistas máis influentes e con máis vendas da década, alcanzando o posto nº1 en medio planeta con cada un dos seus tres álbumes anteriores, acumulando a asombrosa cifra de 37 millóns en vendas en todo o mundo, e recibindo 9 premios Grammy.


Xoves, 22 de Xullo de 2010 [23:00]
Concerto de Joan Manoel Serrat
Lugar: Castrelos
Horario: 23:00 horas
Prezo: O prezo das entradas en venda será de 10
euros en venda anticipada e 12 euros en taquilla
Datas: 22/07/2010




Joan Manoel Serrat interpretará canciones de su disco "Hijos de la luz y de la sombra", del poeta Miguel Hernández