vigohoxe

Are-More

Programa Completo (PDF)
Are More na rúa
Formación de públicos
Grandes Concertos
Homenaxes
Músicas para o Silenzo
Taquilla



Festival de Música de Vigo ARE-MORE
  Programa completo

     21/11/2009 Are More na rúa. Ensemble Are More 2009
     21/11/2009 Concerto de Inauguración Are More: Jennifer Larmore e Opus Five
     22/11/2009 Orquestra Carlos III y Camerata Lírica: Carmina Burana. De Carl Orff
     23/11/2009 Ópera para escolares: A Frauta Máxica de Mozart
     23/11/2009 Are More na rúa: Ensemble Are More 2009
     23/11/2009 Le Nuove Musiche: Il Vero Orfeo
     24/11/2009 Are More na rúa
     24/11/2009 Proxección da película "Motag aus Licht" (Lunes de Luz) de Karlheinz
Stockhausen
     24/11/2009 Multiplensemble: Tierkreis
     24/11/2009 Reiko Hozu: Klavierstücke
     24/11/2009 Cine Mudo con Música en directo :"Oliver Twist"
     24/11/2009 Jonh Potter e Ariel Abramovich: Dowland e Campion; Music that her echo is.
     24/11/2009 Variacións de Goldberg de J.S. Bach por Kenneth Weiss (clave)
     25/11/2009 Are More na rúa
     25/11/2009 Der Golem (O Golem). Estrea absoluta
     25/11/2009 Retrato dun compositor: Fernando Buide del Real
Ensemble S21. Presentado polo crítico de El Pais, Julián Carrillo
     26/11/2009 Are More na rúa
     26/11/2009 Isasi Quartett, Matthias Weber e Benedikt Koehlen: Franz Schubert: Cuarteto A morte e a doncela e Quinteto A Troita
     27/11/2009 Are More na rúa
     27/11/2009 Os Músicos do Tejo: La Spinalba (ovvero il Vecchio Matto), de Francisco Antonio de Almeida. (Opera representada)
     28/11/2009 Curso de iniciación á música para persoas maiores de 55 anos, impartido por Beatriz C. Montes
     28/11/2009 Música para bebés
     28/11/2009 Concerto de clausura: Todo sobre Vivaldi: Sara Mingardo e Orquestra Barroca de Venecia
     14/07/2010 Festas do verán. Concerto de Norah Jones en Castrelos
     22/07/2010 Concerto de Joan Manoel Serrat


Sábado, 21 de Novembro de 2009 [12:00]
Are More na rúa. Ensemble Are More 2009
Lugar: Centro Comercial "A Laxe"
Horario: 12:00
Datas: 21/11/2009




Diana Rego. Susana LBlanco. Miguel Alvarez e Asterio Leiva

Sábado, 21 de Novembro de 2009 [20:45]
Concerto de Inauguración Are More: Jennifer Larmore e Opus Five
Lugar: Igrexa María Auxiliadora.
Horario: 20:45 horas
DURACIÓN: 65 minutos
Datas: 21/11/2009

Entrada libre mediante invitación. Se poderán recoller na Central de Espectáculos en horario de tarde, un máximo de 4 entradas presentando o DNI.


A mezzosoprano americana acompañada do quinteto de corda Opus Five interpretará obras de
Handel (Hércules i Ariodante), Bizet (Carmen), Rossini (La Cenerentola), Bach (Pasión según San
Mateo), famosos duetos de ópera co prestixioso violinista Sebastián Hamann (Lakmé, Hansel &
Gretel y Los cuentos de Hoffmann), además de canciones de Strauss.

Domingo, 22 de Novembro de 2009 [20:30]
Orquestra Carlos III y Camerata Lírica: Carmina Burana. De Carl Orff
Lugar: Teatro-Cine Salesianos
Horario: 20:30 horas
Duración 75 minutos
Prezo: Prezo xeral 10 euros. Prezo reducido 7 euros (carné xove, pensionistas, desempregados, alumnado do Conservatorio de música e Universidade de Vigo. Deberán acrditalo na entrada xunto o DNI
Datas: 22/11/2009




Unha impresionante versión dunha das máis grandes obras da historia. Carmina Burana é ofrecida
nunha espectacular versión da Orquestra Carlos III y Camerata Lírica. Dirixe o coro o mestre do
Teatro Real Joan Cabero.

Dende o Luns, 23 de Novembro de 2009 ao Martes, 24 de Novembro de 2009 [10:00]
Ópera para escolares: A Frauta Máxica de Mozart
Lugar: Teatro-Cine Salesianos
Horario: As 10:00 horas e ás 12:00 horas
Prezo: 1 euro
Duración: 60 minutos
Datas: Ata ó 24/11/2009

Actividade concertada a través dos Centros de ensinanza

A gran ópera mozartiana nunha versión para o público máis novo. Un espectáculo que se basa na
historia máis emocionante de todos os tempos, baixo a produción de Camerata Lírica e a dirección
de Rodolfo Albero.

Luns, 23 de Novembro de 2009 [12:00]
Are More na rúa: Ensemble Are More 2009
Lugar: Centro Comercial Travesía
Horario: 12:00 horas
Datas: 23/11/2009


Luns, 23 de Novembro de 2009 [20:45]
Le Nuove Musiche: Il Vero Orfeo
Lugar: Igrexa Maria Auxiliadora
Horario: 20:45 horas
Prezo: Entrada libre ata completar aforamento
Datas: 23/11/2009

Duración 70 minutos

Il Vero Orfeo é un programa dedicado a Händel, Corelli e Schenk, cheo de beleza, interpretado por
un dos grupos máis aclamados do mundo nas históricas versións de música antiga.

Martes, 24 de Novembro de 2009 [12:00]
Are More na rúa
Lugar: Mercado do Progreso
Horario: 12:00 horas
Datas: 24/11/2009

Diana Rego, Susana Blanco, Miguel Álvarez e Asterio Leiva

Martes, 24 de Novembro de 2009 [17:00]
Proxección da película "Motag aus Licht" (Lunes de Luz) de Karlheinz
Stockhausen
Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporáneo
Rúa do Príncipe 54
Horario: 17:00 horas
Prezo: Entrada libre ata completar aforamento
Datas: 24/11/2009

DURACIÓN: 28 minutos
DIRECTOR ARTÍSTICO E GUIÓN: Thomas Letocha, Henning Lohner


Lunes de Luz forma parte dun ciclo, cuxas partes integrantes corresponden aos sete días da semana
e describen de xeito simbólico a evolución humana. A película observa os traballos de
escenificación e describe o contido da ópera, ilustrándoa coas escenas máis importantes.

Martes, 24 de Novembro de 2009 [17:30]
Multiplensemble: Tierkreis
Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporánea
Rúa do Príncipe 54
Horario: 17:45 horas
Prezo: Entrada libre ata completar aforamento
Datas: 24/11/2009

DIRECCIÓN: Rafael Yebra
VIDEOCREACIÓN: Miguel Seoane
DURACIÓN: 30 minutos


Múltiple é o sinal de identidade deste grupo de artistas que conflúen neste proxecto
multidisciplinar. Novas propostas artísticas, formacións instrumentais e interrelacións entre as
distintas artes cunha maio proxección no eido da creación actual, desenvolvendo actividades que
teñan un compromiso coa actualidade artística do momento. Múltiple... culturalidade,
disciplinariedade, creación, actividade, formación, diversidade, Múltiple...

Martes, 24 de Novembro de 2009 [18:00]
Reiko Hozu: Klavierstücke
Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporánea
Rúa do Príncipe 54
Horario: 18:00 horas
Prezo: Entrada libre ata completar aforamento
Datas: 24/11/2009

Duración: 60 minutos

Klavierstück X
Klavierstück XI
Klavierstück XII
PIANO: Reiko Hozu

Martes, 24 de Novembro de 2009 [20:00]
Cine Mudo con Música en directo :"Oliver Twist"
Lugar: Verbum, Casa das Palabras
Avda Samil 17
Horario: 20:00 horas
Duración, 80 minutos
Datas: 24/11/2009

Director: Franz Lloid
Actores: Jackie Coogan, Lon Chaney
País: USA
Ano: 1922



Martes, 24 de Novembro de 2009 [20:45]
Jonh Potter e Ariel Abramovich: Dowland e Campion; Music that her echo is.
Lugar: Igrexa de Maria Auxiliadora
Horario: 20:45 horas
Datas: 24/11/2009

Duración: 60 minutos

Thomas Campion (1567-1620) e Jonh Dowland (1563-1626) viviron e morreron con poucos anos
de diferencia e a súa produción abarca a totalidade do breve fenómeno da "lute song" (canción con acompañamento de laúd) inglesa, desde os primeiros cancionairos impresos (o First Book de Dowland, de 1597), até a transformación do xénero na canción con baixo contínuo, a principios do século XVII (sendo o de Jonh Attey o último cnacioneiro para laúd, en 1622).
Foron os dos compositores de "Lute Songs" máis prolíficos e ambos se valeron dos seus propios textos para crealas (Campion de forma casi exclusiva, sendo a aportación de Dowland algo máis difícil de confirmar).
A poesía de Campion é comparable á das grandes figuras literarias da época, como Ben Jonson ou Philip Sidney, aínda que a súa reputación como poeta viuse parcialmente eclipsada pola súa fama como compositor. Os dous músicos se coñeceron (Campion escribiu un epigrama dedicatorio en latín para o Prefacio do primeiro libro de Dowland), e as cancións deste programa se organizan en torno a diversos temas literarios que ambos compositores trataron, aínda que de xeito moi distinto: o amor, a música, o paso do tempo e a expresión da oscuridade e a dor.

Martes, 24 de Novembro de 2009 [22:30]
Variacións de Goldberg de J.S. Bach por Kenneth Weiss (clave)
Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporánea
Rúa do Príncipe 54
Horario: 22:30 horas
Prezo: Entrada libre ata completar aforamento
Datas: 24/11/2009

Duración: 80 minutos

Considerado como o mellor clavecinista do mundo Kenneth Weiss naceu en New Yorke onde se
graduou no Instituto das Artes Escénicas. Licenciouse en música no Oberlin Conservatory of
Music en Estados Unidos e continuou os seus estudos xunto a Gustav Leonhardt no Sweelinck
Conservatorium de Amsterdam. En 1995 a grabación de Kenneth Weiss das Variacións Goldberg
para Empreinte Digitale (Harmonia Mundi) foi aclamada pola revista Répertoire. Actualmente é
profesor no Conservatorio de París.

Mércoles, 25 de Novembro de 2009 [12:00]
Are More na rúa
Lugar: Mercado de Teis
Horario: 12:00
Datas: 25/11/2009

Diana Rego, Susana Blanco, Miguel Álvarez e Asterio Leiva

Mércoles, 25 de Novembro de 2009 [20:00]
Der Golem (O Golem). Estrea absoluta
Lugar: Museo Verbum, Casa das Palabras
Avda Samil 17
Horario: 20:00 horas
Duración 85 minutos
Prezo: Entrada libre ata completar aforamento
Datas: 25/11/2009

Dirección: Paul Wegener y Carl Boese
País: Alemania
Ano: 1920


Música: YUVAL GOTLIBOVICH ENSEMBLE
Yuval Gotlibovich: Viola
Johnatan Gotlibovich: Cello
Ibrain Zacharias: Percusion
Música orixinal de Yuval Gotlibovich.

Mércoles, 25 de Novembro de 2009 [20:30]
Retrato dun compositor: Fernando Buide del Real
Ensemble S21. Presentado polo crítico de El Pais, Julián Carrillo
Lugar: Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: 2030 horas
Prezo: Entrada libre até completar aforamento
Datas: 25/11/2009

O Festival Are More dedícalle ao novo compositor galego Fernando Buide del Real un lugar de honor pola súa brilante traxectoria como creador. Fernando Buide del Real completou na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh, onde estudou piano, composición e órgano.

A música de Fernando Buide abrangue desde o xénero camerístico ou sinfónico, incluíndo música coral e para banda.
As súas obras foron programadas por formacións como a Sinfónica de Piitsburgh, Sinfónica de Minnesota, Filarmónica de Yale, Filarmónica Carnegia Mellon, New Music New Haven, Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia. A súa obra tamén inclúe traballos interdisciplinares como o realizado co artista gráfico Ingo Offermans.
Fernando Buide foi profesor de armonía e análise no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Universidade de Yale. Na actualidade prepara a tradución do libro da compositora e teórica Pozzi Escot "A poética das matemáticas simples en música". Como compositor, entre os seus próximos proxectos destacan encargos de Festclásica, co gallo do centenario Isaac Albéniz, así como da Real Filharmonía de Galicia.


Xoves, 26 de Novembro de 2009 [12:00]
Are More na rúa
Lugar: Centro Comercial Camelias
Horario: 12:00
Datas: 26/11/2009

Diana Rego, Susana Blanco, Miguel Álvarez e Asterio Leiva


Xoves, 26 de Novembro de 2009 [20:30]
Isasi Quartett, Matthias Weber e Benedikt Koehlen: Franz Schubert: Cuarteto A morte e a doncela e Quinteto A Troita
Lugar: Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: 20:30 horas
DURACIÓN: 75 minutos
Prezo: Entrada libre até completar aforamento
Datas: 26/11/2009

Dúas grandes obras da historia da música de cámara interpretadas por un dos cuartetos máis importantes e galardonados do mundo. Isasi Quartett foi creado no ano 2003 en Munich por músicos alemanes de reputación internacional, provenintes de formacións prestixiosas como o Cherubini Quartett, Arcana Quartett ou Alt-Wien Quartett. Tiñan o obxectivo común de dotar dunha profunda dimensión espiritual a cada unha das súas interpretacións.

Venres, 27 de Novembro de 2009 [12:00]
Are More na rúa
Lugar: Centro Comercial Plaza Elíptica
Horario: 12:00 horas no Centro Comercial Plaza Eliptica
18:00 horas no Corte Inglés- 2ª andar
Datas: 27/11/2009

Diana Rego, Susana Blanco, Miguel Álvarez e Asterio Leiva


Venres, 27 de Novembro de 2009 [20:30]
Os Músicos do Tejo: La Spinalba (ovvero il Vecchio Matto), de Francisco Antonio de Almeida. (Opera representada)
Lugar: Teatro-Cine Salesianos
Horario: 20:30
Duración: 140 minutos
Prezo: PREZO ENTRADA: Prezo xeral: 10 € / Prezo reducido: 7 € (carné xove, pensionistas,
desempregados, alumnado dos conservatorios de música e universitarios da Universidade de Vigo.
Deberán acreditalo na entrada ao recinto xunto coa entrada e o DNI)
Datas: 27/11/2009

REPARTO:
Spinalba: Ana Quintans, Arsenio: Luís Rodrigues, Dianora: Paz Martínez Gil
Togno: Joao Fernandes,Vespina: Joana Seara,Leandro: Mario Joao Alves, Elisa: Inês Madeira, Ippolito: Fernando Guimaraes
Músicos do Tejo dirigidos por Luís Otávio Santos
Dirección musical de Marcos Maglhaes
Escena de Luca Aprea


Francisco Antonio de Almeida foi un dos primeiros compositores portugueses que escribiu óperas
ao estilo italiano. Considerado como un dos autores máis destacados do século XVIII, presentou en
Lisboa no ano 1733 a súa ópera La Pazienza di Socrate. En 1734, La Spinalba, ovvero Il Vecchio
Matto.

Dende o Sábado, 28 de Novembro de 2009 ao Domingo, 29 de Novembro de 2009 [10:00]
Curso de iniciación á música para persoas maiores de 55 anos, impartido por Beatriz C. Montes
Lugar: Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: Inicio: 10:00 horas
Datas: Ata ó 29/11/2009

SÁBADO 28 DOMINGO 29
HORARIOS DIAS 28 e 29
SÁBADO 28
A ESCRITURA E A FORMA
10-11:30: A Notación Musical (I): As Orixes
11:45-13:15: A Notación Musical II: A escritura convencional
15:30-17: A forma musical (I): Das orixes á sonata
17-18:30: A forma musical (II): O concerto e a sinfonía

DOMINGO 29-
O ESTILO
10-11:30: Historia dos estilos usicais (I) O barroco e o clasicismo
11:45-13:15: Historia dos estilos musicais (II):Do Romanticismo aos nosos días
18:00: Concerto de piano por Beatriz C.Montes


Destinado a afeccionados á música con ou sen coñecementos musicais
No máximo de alumnos: 60

Ao finalizar o curso o sábado 28 de novembro haberá un concerto de piano a cargo da profesora do curso, ás 18 horas.
As inscricións se realizarán a través do servizo 010 por rigurosa orde de chamada a partir do xoves 5 de novembro. Chamando desde móbil ou fóra de Vigo teléfono 986810260. Aqueles que sen ter 55 anos cumpridos estean interesados en inscribirse no curso pasarán a unha lista de reserva que, en caso de non cubrirse todas as prazas ou de que existan baixas serían chamados para poder participar.

Sábado, 28 de Novembro de 2009 [11:00]
Música para bebés
Lugar: Museo Verbum, Casa das Palabras
Avda. Sammil 17
Horario: 11;00, 12:00 y 13:00 horas
Duración 30 minutos
Prezo: 3 € por neno até 5 anos, con dereito a levar dous acompañantes adultos
Datas: 28/11/2009

Dirección musical: Diana Rego
Dirección teatral: Xurxo Cortázar



Sábado, 28 de Novembro de 2009 [20:45]
Concerto de clausura: Todo sobre Vivaldi: Sara Mingardo e Orquestra Barroca de Venecia
Lugar: Igrexa de Maria Auxiliadora
Horario: 20:45 horas
Prezo: Entrada libre mediante invitación. Se poderán recoller na Central de Espectáculos en horario de
tarde, un máximo de 4 entradas presentando o DNI.
Datas: 28/11/2009

A gran cantante Sara Mingardo, considerada como unha das mellores voces do mundo
acompañada pola aclamada Orquestra Barroca de Venecia, interpretarán nun spectacular concerto o Stabat Mater e Nisi Dominus de Antonio Vivaldi

Mércoles, 14 de Xullo de 2010 [22:30]
Festas do verán. Concerto de Norah Jones en Castrelos
Lugar: Castrelos
Horario: 22:30 horas
Datas: 14/07/2010

A prestixiosa artista estadounidense Norah Jones será a encargada de abrir o programa de Festas do Concello de Vigo, na súa primeira actuación en Galicia. Desde a publicación do seu álbum de debut "Come Away With Me" en 2002, Norah Jones converteuse nunha das artistas máis influentes e con máis vendas da década, alcanzando o posto nº1 en medio planeta con cada un dos seus tres álbumes anteriores, acumulando a asombrosa cifra de 37 millóns en vendas en todo o mundo, e recibindo 9 premios Grammy.


Xoves, 22 de Xullo de 2010 [23:00]
Concerto de Joan Manoel Serrat
Lugar: Castrelos
Horario: 23:00 horas
Prezo: O prezo das entradas en venda será de 10
euros en venda anticipada e 12 euros en taquilla
Datas: 22/07/2010




Joan Manoel Serrat interpretará canciones de su disco "Hijos de la luz y de la sombra", del poeta Miguel Hernández