vigohoxe

Are-More

Programa Completo
Programa de man (PDF)
Ciclo de formación de públicos
Ciclo de Música Antiga
Ciclo Paixón e Música
Ciclo “Historia do piano. Volumen II”
Ciclo “Músicas para o silencio”
Cine Aremore
Taquilla
Abonos e descontos
Sistemas de venda




ABONOS E DESCONTOS PARA OS CONCERTOS NO TEATRO SALESIANOS
(quedan excluídos os concertos do ciclo de formación de públicos)
  • ABONO PARA OS TRES CONCERTOS: Desconto do 30%

Aplicarase o desconto sobre o total ao adquirir xuntas entradas para os tres concertos previstos.

DESCONTOS
  • MENORES DE 25 ANOS, MAIORES DE 65 ANOS, FAMILIAS NUMEROSAS, PERSOAS DISCAPACITADAS OU DESEMPREGADAS: Desconto do 30%. Este desconto non e acumulábel con outras bonificacións.

  • PREZO DE APOIO AOS ESTUDANTES DE MÚSICA: Prezo único de 3 € para calquera dos concertos programados. Beneficiarase deste desconto o alumnado dos conservatorios, de escolas de música públicas e privadas, membros de bandas de música, masas corais, etc. Este desconto é incompatíbel con calquera outro tipo de desconto ou abono.

  • PREZO DE APOIO Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA E ASOCIACIÓNS MUSICAIS VIGUESAS: Prezo único de 3 € para calquera dos concertos programados. Beneficiarase deste desconto a comunidade escolar da Universidade de Vigo e as persoas asociadas á Asociación “Amigos de la Ópera” de Vigo, á Sociedade Filarmónica de Vigo e ás Xuventudes Musicais de Vigo. Este desconto é incompatíbel con calquera outro tipo de desconto ou abono.

ACREDITACIÓN DE IDENTIDADE: as persoas portadoras de entradas con prezo reducido, por razóns de idade, por seren estudantes de música ou da Universidade de Vigo, ou pertencer ás entidades citadas anteriormente, terán que acreditar necesariamente a súa identidade ou a súa condición co documento pertinente.

VENDA DE ENTRADAS PARA O AUDITORIO MUNICIPAL

As entradas para os espectáculos que se desenvolverán no auditorio municipal poranse a disposición do público na súa taquilla según o seguinte:

  • Ciclos de cine: a partires das 19,30 horas os días de proxección.

A comunidade universitaria da Universidade de Vigo terá un prezo especial para este ciclo de 1.-€.

  • Títeres Cachirulo: a partires das 17,00 horas do sábado 15 de decembro.

VENDA DE ENTRADAS PARA OS CONCERTOS DO CICLO “FORMACIÓN DE PÚBLICOS”

Os concertos incluídos no ciclo de formación de públicos están fóra do sistema de abonos.

As funcións para público escolar irán destinadas á comunidade educativa da cidade, que deberá inscribirse previamente a través do Intituto Municipal de Educación (IME), para grupos cun mínimo de 15 persoas, e teñen un prezo de 1 € por alumno/a; o acceso do profesorado acompañante será gratuíto. Estas funcións non están abertas ao público xeral.

Os Concertos en Familia no Teatro Salesianos están pensados para a participación de grupos familiares que poderán adquirir entradas xuntas até un máximo de 10 nenos/as. Límite máximo de dous adultos acompañando a cada neno/a. Os prezos serán de 3 € adulto, e de 2 € até 12 anos.

A venda de entradas para as funcións dos “Concertos para Bebés” será SÓLO A TRAVÉS DA TAQUILLA TELEFÓNICA (non internet) e están previstas para nenos/as de 3 meses a 5 anos, recomendándose o acompañamento de dous adultos en cada caso. O prezo da entrada será de 2.-€ por neno/a ou embarazada, con dereito a dous acompañantes adultos. O aforo por función estará limitado a 50 nenos/as, cos seus acompañantes correspondentes, polo que tan só se poderán mercar un máximo de 3 entradas de neno/a.

 





© Concello de Vigo
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986810100
vigo.hoxe | Liña directa | Axuda