Sistemas de venda
VENDA TELEFÓNICA
- A través de Tele-taquilla de CaixaGalicia no teléfono 902.434.443.
- Horario de venda telefónica: de 08,00 a 22,00 horas de luns a venres
e de 09,00 a 14,00 horas os sábados. A través da venda telefónica poderán adquirirse
todo tipo de localidades en calquera das modalidades: entradas soltas, abono completo,
abono de concertos agrupados, descontos por idades, prezos especiais para estudantes de
música, etc.
- Límites para a compra de entradas en Tele-taquilla: A venda
telefónica e electrónica rematará, xeneralmente, tres días antes da data dos concertos
(excepto domingos e festivos), co obxecto de garantir a súa retirada polos compradores. A
venda telefónica rematará ás 14,00 horas do día que lle corresponda.
- Entrega de entradas adquiridas por Tele-taquilla: O comprador por
Tele-taquilla poderá recoller as entradas na oficina de CaixaGalicia que máis lle
conveña, antes das 14,00 horas do día que se indique. O horario comercial das oficinas
de CaixaGalicia é de 08,30 a 14,00 horas de luns a venres e de 16,45 a 19,15 horas só
ós xoves. A oficina elexida poderá ter horarios especiais en función de festas locais
ou situacións excepcionais.
As entradas non recollidas nas oficinas de CaixaGalicia nas datas
anteriores ós concertos non se reeembolsarán nin se reenviarán a ningún outro sitio,
polo que constarán como compradas e non utilizadas.
VENDA ELECTRÓNICA
Poderán adquirirse a través de Internet entradas de prezo xeral e as
entradas con desconto na páxina www.caixagalicia.es
durante as 24 horas do día. Os abonos non se poden adquirir a través deste canal.
As entradas adquiridas a través de Internet pódense enviar á oficina
de CaixaGalicia que seleccione o comprador no momento da compra.
IDENTIFICACIÓN
Para a recollida das entradas adquiridas por Tele-taquilla ou Internet
comprirá a presentación da tarxeta de pagamento e o DNI.
VENDA NO DEPACHO DE BILLETES DO TEATRO-CINE SALESIANOS
Poñeranse á venda as entradas sobrantes, se as houbese, nas taquillas
do Cine Salesianos, os días dos concertos (dende as 17,00 ata 10 minutos antes do seu comezo).
PAGAMENTO
A través de Tele-taquilla e Internet os pagos realizaranse con
tarxetas de crédito ou débito admitida polo sistema bancario nacional ( VISA, EURO 6000,
4B, MASTER CARD). Os pagamentos na taquilla do Teatro-Cine Salesianos só se poderán
realizar en efectivo.
VENDA DE ENTRADAS PARA O AUDITORIO MUNICIPAL
As entradas para os espectáculos que se desenvolverán no auditorio municipal poranse a disposición do público na súa taquilla según o seguinte:
A comunidade universitaria da Universidade de Vigo terá un prezo especial para este ciclo de 1.-€.
VENDA DE ENTRADAS PARA OS CONCERTOS DO CICLO “FORMACIÓN DE PÚBLICOS”
Os concertos incluídos no ciclo de formación de públicos están fóra do sistema de abonos.
As funcións para público escolar irán destinadas á comunidade educativa da cidade, que deberá inscribirse previamente a través do Intituto Municipal de Educación (IME), para grupos cun mínimo de 15 persoas, e teñen un prezo de 1 € por alumno/a; o acceso do profesorado acompañante será gratuíto. Estas funcións non están abertas ao público xeral.
Os Concertos en Familia no Teatro Salesianos están pensados para a participación de grupos familiares que poderán adquirir entradas xuntas até un máximo de 10 nenos/as. Límite máximo de dous adultos acompañando a cada neno/a. Os prezos serán de 3 € adulto, e de 2 € até 12 anos.
A venda de entradas para as funcións dos “Concertos para Bebés” será SÓLO A TRAVÉS DA TAQUILLA TELEFÓNICA (non internet) e están previstas para nenos/as de 3 meses a 5 anos, recomendándose o acompañamento de dous adultos en cada caso. O prezo da entrada será de 2.-€ por neno/a ou embarazada, con dereito a dous acompañantes adultos. O aforo por función estará limitado a 50 nenos/as, cos seus acompañantes correspondentes, polo que tan só se poderán mercar un máximo de 3 entradas de neno/a.